Petróglifo de Coto de Negros 2


Descrición:
Gran pedra de granito (de 2,50 x 2,05 m) volteada con respecto á súa posición orixinal, polo que os Petróglifos non están á vista : trátase dun numeroso conxunto de cazoletas de diversos diámetros; non semella que haxa liñas, se ben non se pode confirmar este dato debido á dificultade de visión que ofrece a pedra.

O desprazamento con respecto á súa posición orixinal pode que se producira cando se fixo a instalación dun tendido eléctrico que discorre por enriba da estación. Localizado grazas a Xosé Couñago (Grupo Cultural Alén Nós).

Créditos