Petróglifo de Coto de Negros 3


Descrición:
En realidade o afloramento está situado nun pequeno coto rochoso emprazado fronte (NO) do Coto de Negros. Dito afloramento, que sobresae do nivel do chan, ten forma rectangular (1,40 x 0,59 m) e está cortada por obras de cantería que ademais afectaron aos gravados (xunto coa erosión fai difícil a correcta visión dos motivos). Hai unha única figura circular, aproveitando un avultamento natural situado na parte central da pedra, composta por tres círculos concéntricos con polo menos cinco cazoletas no centro e un diámetro máximo de 55 cm. Localizado grazas a Xosé Couñago (Grupo Cultural Alén Nós).

Créditos