Petróglifo de Coto Fenteira 2


Descrición:
Pedra situada a uns 12 m. ao E do denominado Túmulo de Coto Fenteira (GA36045074); trátase dunha rocha de granito, de superficie redondeada convexa, e cun plano lixeiramente inclinado (case horizontal).

O redor máis afloramentos con sinais de cantería. Consta dun único motivo: un círculo de 30 por 24 cm. de forma ovoide con 8-9 cazoletas de 2 cm. de diámetro no seu interior. Pegada á rocha polo N atopamos unha pedra de seixo partida e moi puída.

Créditos