Mámoa de Coto Fenteira


Descrición:
Medidas do túmulo: 10 m. (eixe N-S); 9.50 m. (E-W); 0.80 m. de altura (polo lado SE). Aínda que polo seu aspecto podería pensarse que se trata dunha antiga canteira xa que está pegado polo S e SW a un conxunto de rochas con sinais evidentes de ter sido aproveitadas para extracción, a presenza dunha lousa de granito chantada no centro da elevación é un dato a favor para considerala un túmulo. Apenas levanta do chan pola parte N e W pero si un pouco máis polo E e SE (debido a caída natural do terreo). Ten unha lixeira depresión central e destacan a lousas antes citadas (de 0.72 por 0.60 m. e 23 cm. de grosor) e outra, deitada enriba do túmulo, semitapada por terra e vexetación.

 

Créditos