Xacemento ao ar libre de Viveiro Poza da Lagoa


Descrición:
Foron rexistradas un bo número de fragmentos cerámicos bastante rodados e de pequeno tamaño, que semellan ser de época prehistórica (Idade do Bronce?). Hai que ter en conta que nesta zona xa foron localizados máis restos cerámicos e líticos en traballos de prospección anteriores (FABREGAS-1997) polo que non cabe dúbida de que estamos ante un xacemento prehistórico ao ar libre (tampouco debe ser esquecida a presenza no contorno máis inmediato doutros xacementos arqueolóxicos significativos: varios Petróglifos e dous túmulos).

Os restos aparecen na pista de acceso ás casas de Trasmañó, na zona dun área recreativa ao longo duns 50 m. Nos traballos anteriores foron localizadas tres áreas de dispersión moi achegadas rodeando o merendeiro, sen embargo nesta prospección só se atoparon cerámicas nun deses puntos.

Créditos