Petróglifo de Poza da Lagoa 2


Descrición:
Este conxunto, situado uns 18 m. ao NE do Petróglifo de Poza da Lagoa-III (643604520), está formado por tres pedras (ou paneis), se ben todas forman parte dun mesmo afloramento granítico de gran tamaño.

Tratase do grupo II de Paza da Lagoa de Costas Goberna-1985 (ver bibliografía). -

PEDRA 1: Rocha granítica de superficie irregular, situada nun plano inclinado (segue a pendente natural do terreo).

Medidas máximas da laxe: 3.30 (N-S) por 3.65 m. (E-W). Os gravados ocupan unha superficie de 1.10 (N-S) por 2.50 m. (E-W) e están orientados ao SSW.

Rexistráronse doce motivos aínda que é posible que haxa máis:

-Motivo nº 1: cazoleta de 4 cm. -Motivo nº 2: cazoleta de 7 cm. -Motivo nº 3: puñal de forma triangular con empuñadura; lonxitude: 50 cm.; base do triángulo: 24 cm. -Motivo nº 4: forma triangular incompleta (restos dunha alabarda?); lonxitude: 20 cm.; base do triangulo: 17 cm. -Motivo nº 5: alabarda (lonx.: 22 cm.; base: 17 cm.) cun mango de 64 cm. de lonxitude. -Motivo nº 6: sucos sen identificar. -Motivo nº 7: alabarda (lonx.: 20 cm.; base: 16 cm.) cun mango de 42 cm. de lonxitude que remata noutra figura de forma oval de 25 por 12 cm. (machado?). -Motivo nº 8: puñal de folla lanceolada con empuñadura; lonxitude: 35 cm. -Motivo nº 9: alabarda (lonx.: 20 cm.; base: 18 cm.) cun mango de 74 cm. de lonxitude (en realidade trátase dunha fenda natural aproveitada). -Motivo nº 10: conxunto de sucos sen identificar.-Motivo nº 11: sucos sen identificar (posible puñal). -Motivo nº12: cazoleta oval de 8 por 6 cm. - Motivo nº 13: sucos sen identificar cunha coviña de 4 cm. -

PEDRA 2: En realidade é o mesmo afloramento que P1 pero separada desta por unha gran fenda natural ao E, polo que as características da pedra son as mesmas que no caso anterior. Medidas máximas da laxe: 2.75 (N-S) por 2.20 m. (E-W). Os gravados ocupan unha superficie de 1.25 (N-S) por 1.35 m. (E-W) e están orientados ao SSW. Rexistráronse tres motivos aínda que é posible que haxa máis. -Motivo nº1: conxunto de oito cazoletas (de 3-4 cm.) aliñadas en dúas filas de tres e unha (situada na parte superior) de dúas. -Motivo nº 2: situado inmediatamente ao NW do motivo anterior; cazoleta oval de 9 por 7 cm. cun conxunto de sucos rectos e curvos nos que non se puido identificar ningunha figura concreta; superficie gravada: aprox. 60 (N-S) por 80 cm. (E-W). -Motivo nº 3: alabarda "dobre" situada inmediatamente ao N do motivo nº2; a primeira aproveita unha fenda natural (lonx.: 20 cm.; han; 10 cm.) cun posible mango duns 66 cm.; a segunda (lonx.: 24 cm.; base 10 cm.) cun mango duns 37 cm. -

 PEDRA 3: Trátase do mesmo afloramento que P1 e P2 separada desta última por unha gran fenda natural ao E, polo que as características da pedra son as mesmas que nos casos precedentes. Medidas máximas da laxe: 5.50 (N-S) por 3.20 m. (E-W). Os gravados ocupan unha superficie de 1.10 m. (N-S) por 2.50 m. (E-W) e están orientados ao SSW. Rexistráronse catro motivos e un conxunto de gravados, se ben é posible que haxa máis. -Motivo nº 1: cazoleta ovalada de 9 por: 7 cm. -Motivo nº 2: cazoleta de 6 cm. -Motivo nº 3: espada ou puñal duns 60 cm. de lonxitude (incluída a empuñadura) por 17 cm. de anchura máxima. -Motivo nº 4: espada ou puñal incompleto (so a parte distal da folla duns 38 cm. de lonxitude) situado a uns 37 cm. ao E do motivo nº3. -Conxunto nº 5: grupo formado por unha gran circunferencia de 2.60 m. de diámetro que conten no seu interior outros sucos rectos formando segmentos e ángulos; polo tipo de suco todos semellan ser de factura máis ou menos recente.

Créditos