Petróglifo de Chan do Rato 1


Descrición:
Laxe de granito de superficie lisa situada nun plano horizontal a ras de chan. Está emprazada nun pequeno rechao entre o Cotiño de Chan do Rato e o do Porteliñas, situada uns 17 m. ao S do túmulo GI36045021.

Trátase do grupo IV de Poza da Lagoa de Costas Goberna-1985. Consta de dous motivos:

- Motivo nº1: combinación de tres círculos concéntricos (posible espiral?) duns 45 cm. de diámetro e radio que sae en dirección W, superando a penas o círculo exterior.

- Motivo nº 2: semella unha combinación de dous círculos concéntricos de aprox. 25 cm. de diámetro, pero está moi erosionado; tanxente polo N ao motivo nº 1, hai entre ambos unha cazoleta de 3 cm.

O estado de conservación dos gravados é moi malo, xa que están nunha zona de paso (camiño) e de asolagamento de auga.

Créditos