Petróglifos de Chan do Rato 2


Descrición:
Situado a uns 10 m. ao NE dun pequeno batolito granítico que levanta máis de 1.50 m. do chan, esta rocha se empraza na caída NW (cara á Ría de Vigo) nun pequeno coto, xusto antes dun pequeno rechao (Chan do Rato).

A pedra, de granito, cunha superficie redondeada convexa, ten un plano inclinado seguindo o desnivel natural do terreo. Consta dun único motivo circular irregular (24 cm. de diámetro) con cinco cazoletas de 3-4 cm. no interior; esta moi deteriorado. Uns 30 cm. ao SSW deste motivo hai gravadas unhas letras, que con seguridade son de factura recente: "LA. . .M".

Créditos