Petróglifo de As Porteliñas 1


Descrición:
Laxe de granito de superficie plana irregular (con moitas fenda s) e con cortes de cantería na parte W; situada nun plano horizontal. Emprazada na base da ladeira W de As Porteliñas e orientada á ría de Vigo.

Consta de dous motivos:

- Motivo nº 1: círculo de 26 cm. diámetro, conformado por medio do nove coviñas (de 3 cm. diámetro), situado no espazo deixado por catro fenda s naturais.

- Motivo nº 2: situado uns 32 cm. ao N do motivo nº 1; trátase dunha cruz latina (de 60 por 40 cm.) cunha coviña de 6 cm. de diámetro; parece de factura bastante recente.

O seu estado de conservación é bastante malo e corre perigo pola presenza de vivendas preto do Petróglifo (de feito a rocha ten cemento por enriba).

Créditos