Petróglifo de As Porteliñas 2


Descrición:
Gran laxe de granito de superficie irregular pero tendente a plana, situada nun plano horizontal aínda que emprazada na parte superior dunha ladeira (orientada ao W, a Ría de Vigo).

Conxunto de Chan do Rato de Costas/Domínguez/Rodriguez-1990-91 (ver bibliografía) .

A superficie gravada ocupa un area de 4.50 m. (N-S) por 2.50 m. (E—W).

Dificilísima descrición por mor da mala visibilidade dos gravados; aínda así poden identificarse dezasete motivos:

- Motivo nº1: Dúas cazoletas (de 6 e 4 cm. de diámetro) separadas entre si por 8 cm.

- Motivo nº2: Grupo de cinco cazoletas.

- Motivo nº3: Grupo de once cazoletas (aprox. 3 cm. de diámetro cada unha delas).

- Motivo nº4: Cazoleta rectangular ("naviforme") de 40 por 18 cm. con dúas coviñas semicirculares xunto aos lados menores.

- Motivo nº5: Dúas cazoletas (de 5 e 8 cm. de diámetro) separadas entre si por 10 cm.

- Motivo nº6: Cazoleta rectangular ("naviforme") de 30 por 20 cm. con dúas coviñas semicirculares xunto aos lados menores.

- Motivo nº7: Óvalo de 34 por 25 cm. cheo de coviñas; moi mal conservado.

- Motivo nº8: Cazoleta de 10 cm. de diámetro.

- Motivo nº9: Combinación de dous círculos concéntricos (58 cm. de diámetro) con coviñas no interior; mal conservado.

- Motivo nº10: Dúas cazoletas (de 9 e 12 cm. de diámetro) separadas entre si por 20 cm. e con moitas coviñas entre ambas; posiblemente enmarcadas nun círculo ou semicírculo.

- Motivo nº11: Conxunto de dous círculos tanxentes (de 23 e 25 cm. de diámetro) cheos de coviñas e unidos, pola parte NW, por unha figura pseudo-triangular duns 15 cm. tamén reenchida de coviñas.

 - Motivo nº12: Cazoleta de 10 cm. de diámetro rodeada por unha liña de coviñas; ao seu carón N outra figura indeterminada con máis coviñas. - Motivo nº13: Cazoleta de 6 cm. de diámetro rodeada de coviñas.

- Motivo nº14: Cazoleta de 11 cm. de diámetro rodeada dun círculo de coviñas moi erosionadas e dun segundo círculo feito con liña continua (aprox. 34 cm. de diámetro).

- Motivo nº15: Semicírculo de aprox. 18 cm. de diámetro reenchido de coviñas.

Créditos