Petróglifos de Chan da Cruz


Descrición:
Conxunto formado por catro pedras, se ben todas forman parte do mesmo afloramento granítico que segue o desnivel natural do terreo.

PEDRA 1: Rocha situada a ras de chan, en posición horizontal.

Consta de alomenos cinco motivos:

- Motivo nº1: Combinación formada por dous círculos concéntricos completos (30 cm. de diámetro máximo) cunha cazoleta central (8 cm.) ao redor da cal semella haber outras 6-7 pequenas coviñas; desta cazoleta central sae tamén un radio de tendencia curva duns 25 cm. de lonxitude, con dirección S. que remata nunha fenda natural.

- Motivo nº2: Situado a 10 cm. ao W do motivo nº 1, tratase dun Óvalo de 20 por 13 cm. de diámetro con 3-4 cazoletas (de 1-2 cm. de diámetro) no medio.

- Motivo nº3: Situado 30 cm. ao S do motive nº 2, trátase dunha combinación de dous círculos concéntricos (20 cm. de diámetro máximo) con alomenos tres coviñas no centro. O motivo esta incompleto debido á rutura da pedra. - Motivo nº4: Situado inmediatamente ao N do motivo nº1; son tres cazoletas aliñadas e unha máis cun pequeno apéndice. É posible que aquí haxa máis gravados. - Motivo nº5: Situado ao E do motivo nº1; restos dunha figura cadrangular.

- Motivo nº6: Situado aprox. a 1 m. ao S do motivo nº1, aínda que o debuxo representado na bibliografía amosa un círculo incompleto con coviñas no interior e un apéndice lonxitudinal exterior, o que nos observamos é un círculo (aprox. 30 cm, de diámetro) cunha cazoleta central que aproveita un abultamento natural da rocha; si parece ter o apéndice lonxitudinal exterior (20 cm. de lonxitude) e no interior do círculo podería haber algunha cazoleta máis pero o gravado está tan erosionado que non se pode confirmar. Excepto os motivos nº1 e 2, o resto teñen moi mala visivilidade, polo que é posible que haxa mais gravados como así se confirma na bibliografía (trátase do grupo II de Chan da Cruz de Costas Goberna-1985).

PEDRA 2: Xa dixemos que pertence ao mesmo afloramento que a pedra anterior e seguintes. Os gravados, alomenos nove pequenas cruces (todas aproximadamente do mesmo tamaño: 11 por 11 cm.), están situadas a 1,50 m. ao N da P.1. Aquí a rocha esta, sen embargo, máis inclinada seguindo o desnivel natural do terreo.

PEDRA 3: Trátase dun gran afloramento (bolo granítico), ao pé do cal están a P1 e P2. Ten gravada unha gran cruz de 64 por 64 cm.; a un lado, na zona de cabeceira da cruz, unha cazoleta de 10 cm. de diámetro. Ancho do surco: 9-11 cm.; profundidade: 5 cm.

PEDRA 4: En realidade é o plano vertical occidental da rocha anterior, a uns 2.50 m. ao N de P1. Consta de dous motivos circulares unidos por un apéndice lonxitudinal acodado (grupo I de chan da Cruz de Costas Goberna-1985 — ver bibliografía).

- Motivo nº1: Círculo de aprox. 28 cm. de diámetro, atravesado por unha fenda natural. Está moi alterado e deteriorado pola erosión natural. - Motivo nº2: Combinación circular de tres círculos concéntricos (aprox. 27 cm. de diámetro) con cazoleta central da que parte un radio (de 20 cm. lonxitude) que sobre pasa ao círculo exterior para unirse ao motivo nº1 nunha especie de pequeno óvalo. Malísima conservación e visibilidade a causa da erosión natural. Foron localizadas tres novas pedras gravadas (grazas a Xosé Couñago, da Asociación Cultural Alén Nós).

PEDRA 5: Situada uns 7 metros ao E da gran cruz gravada, na parede oriental do gran afloramento, nun pequeno rechao alisado da rocha. É difícil facer unha descrición precisa dos motivos, pero en xeral semella haber un gran semicírculo (duns 70 centímetros de diámetro) recheo de cazoletas. Na beira NE do círculo aparece un resalte da rocha probablemente remarcado por unha liña circular e recheo con 6-8 coviñas. Ademais da gran erosión existente na rocha hai que salientar a presenza de abundante musgo, liques e alteracións producidas polos traballos de canteria. Uns 65 cm. ao N-NE hai un “cruciforme antropomorfo" duns 20 por 12 cm.

PEDRA 6: Situada a uns 2.25 m. ao W da gran cruz gravada; na parede W-NW do atloramento principal. Os motivos están situados nunha superficie irregular, algúns deles aproveitando un resalte da pedra. De SW a NE temos: tres círculos cun diámetro duns 24 cm. (motivo 1); a uns 60 cm dous grupos de coviñas aproveitando o resalte da rocha (motivo 2); a uns 90 cm do motivo 1, semella haber un grupo de tres círculos concéntricos de 24 cm. de diámetro (motivo 3); un grupo de, probablemente, cinco cazoletas (motivo 4); a uns 40 cm. do motivo 3aparece unha coviña rodeada dun ancho suco circular (motivo 5); ao NE do motivo 5 semella haber mais gravados pero non se poden identificar de xeito preciso. Todos os motivos están repartidos nunha superficie de aproximadame nte 2,25 por 0.90 m.

PEDRA 7: Situada na base S-SE do gran afloramento onde se empraza a gran cruz; na parede case vertical, preto do nivel do solo. Trátase dun antropomorfo (duns 22 cm de lonxitude) e, 13 cm. máis abaixo, unha cruz (duns 18 por 12 cm.) que non semellan ser prehistóricos.

 

Créditos