Mámoa de Chan da Cruz 3


Descrición:
Medidas do túmulo: 17.20 m. (eixe N-S); 15.25 m. (E-w); 0.60 m. de altura (polo lado N). Túmulo bastante alterado (sobre todo na parte SW, S e SE) cuberto con vexetación de monte baixo (toxo) e algún pequeno piñeiro. Ten unha lixeira depresión central e vense abundantes pedras de granito que puideran formar parte dunha coiraza; incluso dúas delas de maior tamaño poderían pertencer á propia estrutura arquitectónica intratumular (cámara). A uns 15 m. ao N do túmulo aparecen unha torre de alta tensión e unha ancha pista de terra (corta-fogos). Hoxe en día foi arrasado completamente (nota do autor).

Créditos