Mámoa de Chan da Cruz 4


Descrición:
Medidas do túmulo: 16.50 m. (eixe N-S); 15.50 m. (E-W); 1.40 m. de altura (polo lado S).

Túmulo moi cuberto de vexetación de monte baixo (toxo, fieito, silva) e piñeiros que impiden precisar as súas medidas. O xacemento esta moi alterado, cun furado central de tendencia rectangular (aproveitando a forma da cámara interior) cunhas medidas de 1.50 (N-S) por 1 m. (E-W) e 1 m. de fondo.

A violación parece relativamente recente (terra de cor amarronada) e deixa ver polo menos seis chantos de granito.

As medidas deles son: L.1: 0.60 m. (ancho); 0.45 m. (alto); 10 cm. (grosor). L.2: 1.40 m. (ancho); 0.90 m. (alto); 20 cm. (grosor). L.3: 0.75 m. (ancho); 0.50 m. (alto). L.4: 0.60 m. (ancho); 0.90 m. (alto). L.5: 0.40 m. (ancho). L.6: tombada.

As pedras 3, 4, 5 e 6 non sobresaen do túmulo xa que están no interior do furado. Hai unha sétima pedra de 0.70 por 0.65 m. ao SE do furado que, con toda seguridade, pertencería á cámara. Isto non parece ser o que sucede, sen embargo, con outras dúas pedras de material de xisto que se atopan a uns 4-5 m. ao W do túmulo.

Créditos