Descrición:
Medidas do túmulo: 23 m. (eixe N-S), 21 m. (E-W); 1.80 m. de altura (polo lado norte).
Túmulo cuberto de vexetación de monte baixo e piñeiros. Ten unha gran violación central de 3.25 (N-S) por 3,50 (E- W) e 1.60 m. de fondo(máximo ao N), que deixa á vista tres lousas de granito chantadas pero algo inclinadas.
As medidas destas son: L.1: 1.10 m. (ancho); 0.65 m. (alto); 20 cm. (grosor). L.2: 0.90 m. (ancho); 0.70 m. (alto). L.3: 1.20 m. (ancho); 0.80 m. (alto); 10-15 cm. (grosor). No limite S do túmulo, onde o diámetro e maior, hai unha acumulación de terra, resultado probablemente da acción do espolio. Ao seu carón, sen embargo hai unha falta de masa tumular que parece chegar ata o mesmo centro da violación, feito este que non se pode determinar con precisión por causa da abundante vexetación. En xeral, a parte N do túmulo está menos alterada e so aparece algún pequeno furado de toca.