Mámoa de Chan da Cruz 7


Descrición:
Situado uns 25 m. ao E do GA36045037. Medidas do túmulo: 22.50 m. (eixe N-S); 22.50 m. (E-W); 1.60 m. de altura (polo lado N). Túmulo con dous furados: o primeiro, situado no centro, de 3.60 (E-W) por 5.50 m. (N-S) e 0.90 m. de fondo (mais elevado polo N que polo S, zona por onde entraron os espoliadores); unha segunda violación de 4 por 2.30 m., 0.75 m. de profundidade e forma irregular, situase na parte oriental. Case no centro do túmulo (a 1.70 m. do limite S do furado central) aparece chantada unha pedra de granito que serviría de linde entre as parroquias de Trasmañó e Negros. Obsérvanse tamén moitos piñeiros plantados enriba da masa tumular así como abundante toxo no interior do furado.

Créditos