Mámoa de Chan da Cruz 8


Descrición:
Medidas do túmulo: 20 m. (eixe N-S); 21.90 m. (E-W); 1.75 m. de altura (polo lado NW).

Túmulo con bastantes piñeiros plantados enriba. Dous furados de espolio: o primeiro, de 2.30 por 1.80 m. e 0.90 m. de profundidade, deixa ver unha pequena lousa de granito de 60 cm. de ancho, moi inclinada pero ben chantada; o Segundo, de 7 por 4 m. (aprox.) e moi pouca profundidade, esténdese de forma alongada ata o limite SW do túmulo; ademais, algún furado no medio permite ver outro posible chanto. Nalgunha zona do túmulo tamén aparecen pedras soltas que puideran ser restos dunha coiraza.

Créditos