Mámoa de Chan da Cruz 9

Descrición:
Medidas do túmulo: 16 m. (eixe N-S); 11.50 m. (E-W, ata o camiño; uns 15 m. se se inclúe este último); 1 m. de altura.

Túmulo bastante alterado cunha lixeira depresión central e cortado no seu lado occidental por un camiño de terra. Polo N, ademais, case se ve afectado por un sendeiro e está bastante cuberto de vexetación de monte baixo (toxo, silva) e piñeiros. Todas estas alteracións, así como o factor da cuberta vexetal, fan que as medidas sexan tan so aproximadas.

Créditos