Mámoa de Chan da Cruz 10


Descrición:
Medidas do túmulo: 14.90 m. (eixe N-S); 13.50 m. (E-W); 1.10 m. de altura.

Túmulo moi alterado, cuberto de vexetación de monte baixo (toxo) e piñeiros, e cun gran furado central de forma mais ou menos rectangular (parece seguir a forma da cámara interior). As súas medidas son: 1.15 (N-S) por 1.90 m. (E-W) e 0.90 m. de fondo; semella ser recente xa que aínda se pode apreciar a terra de cor avermellada e pedras soltas dunha posible coiraza.

Tamén, a través do furado, vense tres chantos de granito coas seguintes medidas: L.1: 0.73 m. (ancho); 0.65 m. (alto); 25 cm. (grosor). L.2: 0.75 m. (ancho); 0.70 m. (alto); 10 cm. (grosor). L.3: 1 m. (ancho); 0.70 m. (alto); 25 cm. (grosor).

Ao W do furado aparecen outras tres grandes pedras tombadas das que posiblemente so unha podería ser da parte da cámara (das outras dúas, unha esta labrada como perpiaño). Tamén hai restos dun segundo furado (mais antigo) de 4.10 (E-W) por 2.10 m. (N-S).

Créditos