Mámoa de Chan da Cruz 11


Descrición:
Medidas do túmulo: 19 m. (eixe N-S); 9 m. (W - ata o centro do túmulo aprox.); 1.30 m. de altura. Túmulo moi cuberto de vexetación de monte baixo (toxo, fieito, silva) e piñeiros, sobre todo na súa parte oriental. Ten un furado central circular de "recente factura" xa que aínda se poden ver a terra de cor avermellada da masa tumular e algunhas pedras dunha posible coiraza. As medidas deste furado son: 1.50 m. (N-S) por 1.80 m. (E-W) e 0.50 m. de fondo. Na parte NE do túmulo hai outra alteración con resultado de perda de masa tumular (tamén semella ser recente) e, ademais, un sendeiro de terra remata no limite N do xacemento.

Créditos