Mámoa de Chan da Cruz 13


Descrición:
Medidas do túmulo: 13.30 m. (eixe N-S; aínda que o túmulo esta "afectado" no seu limite S); 12.70 m. (E-W; aínda que o túmulo esta "afectado” no seu limite W); 0.60 m. de altura (polo lado E).

Mámoa moi alterada tanto nos seus limites como no centro, xa que ademais de contar con varios piñeiros plantados enriba, ten un furado polo que asoman dúas lousas chantadas de granito; ao seu carón aparecen outras tres lousas, así como abundantes pedras soltas (restos dunha posible coiraza).

As medidas do furado son 2.30 m. (N-S) por 1.70 m, (E-W) e 0.85 m. de fondo. As medidas das lousas son: L.1: 1.25 m. (ancho); 0.70 m. (alto); 20 cm. (grosor). L.2: 0.60 m. (alto). L.3: 1.40 m. (ancho); 0.65 m. (alto); 25 cm. (grosor). L.4 (fragmentada): 0.35 m. (ancho); 0.40 m. (alto); 8 cm. (grosor). L.5: 0.52 m. (ancho); 0.48 m. (alto); 20 cm. (grosor). L.6: 0.46 m. (ancho); 0.54 m. (alto). Na parte S do túmulo hai outro furado cuxas dimensións son 3.25 m. (N-S) por 2.75 m. (E-W).

Créditos