Descrición:
Medidas do túmulo: 17.50 m. (eixe N-S); 17 m. (E-W); 1.10 m. de altura.
Túmulo moi alterado, cuberto con abundante vexetación de monte baixo (toxo, fieito, silva) e piñeiros.
Unha pequena pista de terra afecta a súa área de protección polo seu lado S. Hai polo menos un gran furado de espolio de 5.20 por 5.80 m. e 0.50 m. de fondo; é posible que sexan dous (outro ao SE) pero a vexetación impide confirmalo, pudendo ser tamén unha acumulación de terra. Na beira NE do túmulo hai ademais outro pequeno furado no que se ven pequenas pedras pertencentes posiblemente a unha coiraza.