Mámoa de Chan da Cruz 21 - Mámoa do Rei

Descrición:
Medidas do túmulo: 20.30 m. (eixe N-S); 19.20 m (E-W); 1.75 m. de altura (polo lado W).

Túmulo moi alterado por diversas causas, como por exemplo: espolios, numerosas raposeiras, piñeiro medrando enriba, abundante vexetación de monte baixo (toxo, uz, fieitos), un marco de Telefónica e a parte norte e leste da masa tumular afectada por unha pista asfaltada recentemente.

Destaca sobre todo un gran furado de espoliación que deixa á vista unha gran cámara megalítica formada por seis grandes lousas chantadas e unha máis tirada no interior da cámara (levantada recentemente, no ano 2003, que correspondía á “lousa de cabeceira”.

As lousas están moi alteradas por desprendementos da masa rochosa causados, entre outros factores, pola erosión.

Medidas das laxes: L.1: 1.50 m. (ancho); 1.85 m. (alto); 20 cm. (grosor). L.2: 1.50 m. (ancho); 2.20 m. (alto); 25 cm. (grosor). L.3: 1.65 m. (ancho); 1.50 m. (alto); 30 cm. (grosor). L.4: 1.50 m. (ancho); 1.75 m. (alto); 37 cm. (grosor). L.5: 1.90 m. (ancho); 2.20 m. (alto); 30 cm. (grosor). L.6: 0.90 m. (ancho); 25 cm. (grosor).

 Á outra beira da pista, a uns 15 m., hai un chanto de 1.75 por 1.50 m. que probablemente pertenceu a este monumento (no entorno do xacemento hai mais lousas de tamaño similar ás citadas, que tamén puideran ter formado parte deste ou doutros monumentos megalíticos da zona). Debido ás alteracións antes enumeradas hai zonas, no interior da cámara e no resto do túmulo, onde se pode ver a terra que conforma a masa tumular (moi fina e de cor avermellada) así como pedras dunha coiraza. Anta I de C. de Mergelina e mámoa nº I de Hidalgo—Costas (ver bibliografía).

Créditos