Mámoa de Chan da Cruz 22

Descrición:
Medidas do túmulo: 14.50 m. (eixe N-S); 13.60 m. (E-W); 1 m. de altura. Túmulo moi alterado por desmontes e aportes de terra procedentes da pista asfaltada que discorre ao seu carón occidental. Ademais está bastante cuberto de vexetación de monte baixo (toxo) e algún pequeno piñeiro. Isto significa que as medidas aportadas son aproximadas. Hai varias lousas graníticas pousadas por enriba e 6s lados da mámoa que ben poderían ser ortóstatos dunha cámara ou restos de cantería (hai afloramentos ao E con sinais evidentes de extracción). No centro que semella ter unha depresión sobresaen dúas pequenas pedras de granito chantadas (L.1: 0.30 por 0.70 m.; L.2: 0.27 por 0.45 m.) que si parecen pertencer a unha cámara pétrea intratumular.

Créditos