Mámoa de Chan da Cruz 25

Descrición:
Medidas do túmulo: 13.75 m. (eixe N-S); 11.25 m. (E-W; ata o corte do camiño); 1 m. de altura (lado E).
Túmulo moi cuberto de vexetación de monte baixo (fieito, toxo) e piñeiros, que impide describilo e medilo con precisión.
Semella haber unha pequena depresión central da que sobresae un pouco unha lousa de granito chantada (0.25 por 0.60 m.). Polo seu lado occidental parece que hai un camiño vello que afecta ao xacemento directamente e hai tamén unha nova pista asfaltada paralela ao anterior (se ben isto non afecta a mámoa).

Créditos