Mámoa de Chan da Cruz 26


Descrición:
Medidas do túmulo: 20.50 m. (eixe N-S); 19.90 m. (E-W); 1.90 m. de altura (polo lado S). Son todas medidas aproximadas xa que a vexetación, entre outras causas, é tan potente que non é posible delimitar ben o xacemento.
O aspecto xeral e o emprazamento parecen indicar que se poida tratar do túmulo nº 36 de Hidalgo-Costas (ver bibliografía) aínda que a vexetación, o corta-fogos que vai polo N e un valado que semella "entroncar" co túmulo polo lado S, alteran de tal forma a estrutura xeral do xacemento que non podemos asegurar ese dato.
Tamén posúe unha depresión central imposible de delimitar polos motivos xa enumerados.

Créditos