Mámoa de Chan da Cruz 27


Descrición:
Medidas do túmulo 14 m. (eixe N-S); 12.50 m. (E-W) e 0,40 m. de altura (todas medidas aproximadas).

O aspecto xeral e o emprazamento parecen indicar que se poida tratar do túmulo nº 29 de Hidalgo-Costas (ver bibliografía) aínda que se atopa moi alterado (de feito case destruído) e a penas queda masa tumular. Está algo cuberto de vexetación de monte baixo (herba e toxo) e piñeiros grandes. Ten un gran furado central que deixa ver dúas lousas chantadas (de xisto) e outras dúas máis pequenas tombadas; hai unha quinta pedra das mesmas características que semella ser un resto de cantería.

De confirmarse isto último o posible túmulo podería tratarse dos restos dunha canteira, ao que se suman as dúas grandes gabias que aparecen no seu carón occidental e das que descoñecemos a súa utilidade.

As medidas das lousas son: L.1: 1.30 m. (ancho); 1.30 m. (alto); 20 cm. (grosor). L.2: 0.55 m. (ancho); 0.70 m. (alto); 10 cm. (grosor). L.3: 0.50 m. (ancho); 0.65 m. (alto). L.4: 0.70 m. (ancho); 0.50 m. (alto). L.5: Moi tapada pola vexetación, ten polo menos 33 cm. de grosor.

O furado de violación ocupa practicamente o diámetro do túmulo e ten unha profundidade de aproximadamente 1 m. na parte S hai outro pequeno burato.

Créditos