Mámoa de Chan da Cruz 28


Descrición:
O aspecto xeral do pouco que queda (menos de 1/3 da masa tumular polo lado E e a penas 90 cm. de altura) e o emprazamento parecen indicar que se poida tratar do túmulo nº 30 de Hidalgo-Costas (ver bibliografía) aínda que se atopa case destruído por completo. En realidade so queda un gran furado empregado como vertedoiro (aínda que tampouco se pode descartar que sexan os restos dunha antiga canteira). As medidas dos eixes son imposibles de tomar; evidentemente a altura mediuse polo lado E, onde ademais comeza o desnivel natural do terreo.

Créditos