Mámoa de Chan da Cruz 30

Descrición:
Medidas do túmulo: 15.10 m. (eixe N-S); 14.75 m. (E-W); 0.90 m. de altura (polo lado N, zona de caída natural do terreo). Túmulo bastante alterado, sobre todo a súa metade oriental, cun furado central imposible de medir por mor da vexetación de monte baixo (toxo, silva) e piñeiros. Un camiño de terra (que leva ao GA36045060) atravesa a masa tumular pola beira oriental da mámoa.

Créditos