Mámoa de Chan da Cruz 31 - Mámoa de Coto da Arca


Descrición:
Medidas do túmulo: 19.75 m. (eixe N-S); 19.90 m. (E-W); 1.40 m. de altura (polo lado N). Túmulo bastante alterado, sobre todo na parte superior (está achatado), produto de remocións antigas.

Ademais, un camiño/sendeiro de terra chega polo N ata o centro da mámoa para seguir polo S dela.

 Tamén hai algún furado de pequeno tamaño que deixa ver pedras soltas, pertencentes probablemente a unha coiraza.

Está moi cuberto de vexetación de monte baixo (toxo) e está situado na zona máis elevada dun pequeno coto, xusto na beira da caída S.

Créditos