Xacemento de Porto Cabeiro


Descrición:
Atopáronse, a ambos lados da estrada, varios fragmentos cerámicos lisos (en torno a 21), algún deles de clara adscrición prehistórica (Idade do Bronce?).

Os achados afectan a un area lineal de aprox. de 40 m., ao W do campo de fútbol e non onde había unha referencia anterior (ALVAREZ GARCIA, Mª C.- 1988 - ver bibliografía), con cerámicas de decoración campaniforme e lisas, que era xusto fronte ao recinto deportivo.

 

Aínda así hai que salientar que os cortes actuais non puideron ser revisados de forma óptima xa que estaban moi cubertos de vexetación e musgo. Toda a zona ten un emprazamento idóneo para un hábitat prehistórico ao ar libre: zonas de socalcos orientadas ao S e a un curso de auga; ademais non se debe esquecer que están moi preto dos xacementos tumulares do Coto da Arca e Chan da Cruz.

 

Créditos