Petróglifo de Coto de Negros 1


Descrición:
Pequeno batolito granítico de aproximadamente 1,20 m de altura e 90 x 70 cm. na súa superficie superior, onde se sitúan unhas 14 cazoletas de varios tamaños (3-6 cm.) e un pequeno suco lonxitudinal que enlaza cunha delas.

Hai que salientar que neste Coto de negros hai referencias bibliográficas de outros dous conxuntos de pedras gravadas con coviñas e círculos, pero estes petróglifos non foron atopados. Debemos informar que a vexetación é abundantísima por toda a zona e incluso un deses conxuntos, o situado no cume do coto, que podería ser de fácil localización, non puido ser rexistrado.

Créditos