Mámoa de Castro Ferreiro 1


Descrición:
Medidas do túmulo: 21.25 m. (eixe N-S); 20.25 m. (E-W); 1.25 m. de altura.

Túmulo bastante alterado cunha gran depresión central e polos dous camiños de terra e un sendeiro que o atravesan. o furado é de 6.50 (N-S) por 6 m. (E-W) e 0.50 m. de fondo, deixando ao descuberto numerosas pedras que puideran ser parte dunha coiraza.

Cara ao E hai outra “depresión” alongada que chega ao limite oriental da mámoa. O túmulo corre bastante perigo xa que esta nunha zona de plantación de piñeiros (aínda pequenos) e moi preto dun area recreativa (merendeiro) con gran afluencia de xente. Hai unha lousa de cuarcita situada enriba do túmulo (probablemente restos da estrutura central intratumular, agora alterada).

Créditos