Mámoa do parque forestal de Vixiador 1


Descrición:
Medidas do túmulo: 10.80 m. (eixe N-S); 11.25 m. (E-W); 0.50 m. de altura.

O xacemento foi localizado grazas a un rozado previo da zona.

Túmulo bastante achandado, sobre todo pola parte N e W, cun furado central, de aprox. 3 (N-S) por 3,50 m. (E-W) e 0,40 m. de fondo, que deixa ao descuberto parte de tres lousas chantadas de cuarcita dunha cámara intratumular:

L.1: 1,25 m. (ancho); 0,24 (alto); 10 cm. (grosor). L.2: 1,28 m. (ancho); 0,40 (alto); 15 cm. (grosor).

A parte superior desta lousa foi rota recentemente por unha maquina rozadora. L.3: 0,50 m. (ancho); 0,40 (alto); 18 cm. (grosor).

Créditos