Petróglifo de Coto de Negros 4


Descrición:
Este conxunto situado nun camiño de terra, está composto por dúas pezas de granito.

Rocha 1: de forma irregular e superficie lixeiramente avultada; posúe un conxunto de 18 cazoletas de entre 1 e 2,5 cm. de diámetro (semella que debería haber máis pero non se aprecian debido á erosión da pedra). Atópase bastante cuberta por terra vexetal.

Rocha 2: situada a uns 90 cm. ao E da anterior, á beira do camiño antes mencionado; de forma máis ou menos trapezoidal (1,10 m N-S x 0,68 m, E-O), superficie irregular e lixeiramente inclinada en dirección S. Sobresae algo máis do nivel do chan que a pedra 1 e semella que está movida do seu sitio orixinal, tal vez por ser un resto de cantería (a parte oriental da rocha está cortada). Os motivos, moi erosionados, son 11 cazoletas de diversos diámetros (2-4 cm.) e dúas posibles liñas onduladas. Localizado grazas a Xosé Couñago (Asociación Cultural Alén Nós).

Créditos