Mámoa de Chan da Cruz 35


Descrición:
Medidas do túmulo: 9.20 (N-S); 11.40 (L-O); 0.50 m. de altura. Túmulo de pequenas dimensións, atópase nunha ladeira xusto antes do inicio da caída dunha pendente pronunciada con dirección SL-S. O túmulo é bastante dubidoso porque está no medio do percorrido dun afloramento rochoso que baixa pola ladeira en dirección L-O.

 

Presenta buraco central no que asoman dous "posibles chantos", un en posición L-O cunhas medidas de 1.30 x 0.35 x 0.10 m.; o segundo orientase case N-S e mide 1.80 x 0.30 x 0.08 m. Poderían tratarse de restos de actividade de canteira na zona pero garda un gran parecido co GA36046044, que forma parte da mesma necrópole de Chan da Cruz.

Créditos