Mámoa das Pedras dos Picos 1


Descrición:
Medidas do túmulo: ten un diámetro de 21 m. nas distintas orientacións.

A altura do túmulo é de 1,50 m. na parte máis alta, cara ao oeste. Ao estar situada sobre un promontorio aparenta moito máis alta, destacando na paisaxe que a arrodea.

O único aparente ortóstato que se observa está situado sobre o túmulo, na parte leste, e ten unhas dimensións de 82 x 68 cm. Na parte central ten un gran cono de espoliación que ten un diámetro de 4 m.

Créditos