Mámoa das Pedras dos Picos 2


Descrición:
Medidas do túmulo: 15 metros de diámetro. A altura actual do túmulo chega a 1.10 m. no lado L e descende ata os 40 cm. no lado O. Polo seu lateral norte discorre un camiño que alterou o túmulo provocando un corte vertical na mámoa.

Sobre a masa tumular hai 13 árbores entre piñeiros e castiñeiros de repoboación. No centro da mámoa identifícase o típico cono de espoliación. No seu interior aparecen a simple vista dous chantos da cámara. L.1: no lado norte do cono, está case completamente enterrado. Ten un grosor de 23 cm. e unha largura de 62 cm. L.2: posibelmente pertencente ao comezo do corredor, no lado norte. Está case completamente soterrado e ten 18 cm. de grosor e 28 cm. de largura.

 

Créditos