Petróglifo do Coto da Rola 2


Descrición:
Penedo exento con cazoletas e un círculo. Extraído da rocha por traballos de cantería, é unha rocha prismática de cara triangular, con caras de 1.20 m. de base; e 0.65 de altura; e cunha altura de prisma de 0.50 m.

 

Presenta a superficie insculturada cun círculo de 35 cm. que rodea diferentes cazoletas, contamos ata 12 (de 4 cm. de diámetro). Por fóra do círculo localízanse 5 cazoletas máis de maior tamaño cas do interior do círculo, de 6 cm. de diámetro. Toda a zona de Coto da Rola está moi alterada polos traballos da cantería tradicional.

Créditos