Petróglifo de Coto da Rola 4


Descrición:
Á beira NO do coto onde se sitúan os Petróglifos 2 e 3 en Coto da Rola aparece este novo gravado nunha rocha a rentes do chan.

 

Trátase dun semicírculo (de 40 cm.) enmarcando 6 cazoletas, o semicírculo principal ten un círculo (de 15 cm.) cunha cazoleta central pegada ao seu lado plano (lado O do círculo principal) e 6 cazoletas aliñadas formando un cadrado no seu lado norte.

 

Aparecen máis liñas rodeando o gravado polo seu lado este e sur.

Créditos