Área de Chan da Cruz


Descrición:
En realidade os restos cerámicos rexistrados non foron localizados nun so punto, se non que se localizaron tres pequenas áreas de concentración. Destas, so a nº 1 se pode considerar como significativa, tanto polo numero (sete) como polas características dos fragmentos (un decorado cun cordón de sección triangular e outro posible con liñas incisas); de todos modos trátase de pezas moi rodadas e deterioradas.

 

A área nº 2 so conta con dous fragmentos (un bordo apuntado) e a nº 3 cunha única peza. É evidente que o emprazamento e o achegamento da necrópole tumular de Chan da Cruz fan máis importante este achado, a pesar de non ser considerado (aínda) como GA.

 

Créditos