Mámoa de Chan da Cruz 23

Descrición: Medidas do túmulo 26.90 m. (eixe N-S); 26 m. (E-W); 2 m. de altura.

Gran túmulo moi cuberto de vexetación de monte baixo (toxo, fieito) e piñeiros.

Posúe un gran furado central que ocupa moita da superficie total do xacemento, de feito todo o eixe N-S estáalterado (case sen masa tumular).

 Este furado, de 20 m. (N-S) por 10.50 m. (E-W) e fondo igual á altura do túmulo, deixa ver dous grandes ortóstatos de granito, cuxas medidas son: L.1: 1.40 m. (ancho); 1.90 m. (alto); 30 cm. (grosor). L.2 (inclinado cara ao furado): 1 m. (ancho); 1.20 m. (alto); 15 cm. (grosor).

 

Créditos