Mámoa de Chan da Cruz B


Descrición:
Medidas do posible túmulo: 10 m. (eixe N-S); 11 m. (E-W); menos de 0.50 m de altura.

 

Como no caso da REF36045001, non está claro que sexa un túmulo pero este semella ter unha lixeira depresión central que se prolonga cara ao N. ata o seu límite. Na parte SE sobresaen dúas pequenas lousas de xisto chantadas (moi na beira do posible túmulo), que é un dato a ter en conta, aínda que a súa situación non cadraría moito cos restos dunha posible cámara en posición central. As medidas das lousas son: L. 1: 0.60 x 0.20 m., e 16 cm. de grosor. L.2: 0.55 x 0.30 m., e 7 cm. de grosor.

 

Ademais hai unha terceira lousa (moi cuberta de terra e vexetación) deitada preto do “túmulo” (ao SW), de 1.10 x 0.80 m., que podería pertencer a unha posible estrutura.

 

Créditos