Mámoa de Chan da Cruz C


Descrición:
Atopáronse, a ambos lados da estrada, varios fragmentos cerámicos lisos (en torno a 21), algún deles de clara adscrición prehistórica (Idade do Bronce?).

O emprazamento (con referencia da torre eléctrica) parece indicar que se poida tratar do túmulo nº 37de Hidalgo- Costas (ver bibliografía), xacemento que xa estaba referenciado como destruído por estes autores . O certo é que no lugar onde está situada a torre de alta tensión hai una certa elevación do terreo de forma máis ou menos hemiesférica, se ben pode tratarse dunha simple acumulación de terra e entullo para facilitar a súa instalación (a vexetación impide unha inspección precisa desa zona). Tamén hai referencias sobre a aparición no lugar de restos cerámicos prehistóricos: foron revisados algúns desterres do corta fogos pero non se atopou nada significativo (tamén neste caso a vexetación dificultou esta tarefa).

 

Aínda así hai que salientar que os cortes actuais non puideron ser revisados de forma óptima xa que estaban moi cubertos de vexetación e musgo. Toda a zona ten un emprazamento idóneo para un hábitat prehistórico ao ar libre: zonas de socalcos orientadas ao S e a un curso de auga; ademais non se debe esquecer que están moi preto dos xacementos tumulares do Coto da Arca e Chan da Cruz.

 

Créditos