LEXISLACIÓN DE PROTECCIÓN

 


Lexislación de interese que protexe os restos arqueolóxicos e contornos naturais acochados en Monte Penide.

 

Lexislación esencial:

 

- Lei 16/1985, de 25 de xuño de Patrimonio Histórico Español

- Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia

- Decreto 199/1997, de 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Código penal, especialmente os art. 506,516, 558, 563 e 563bis.

Indicamos a continuación algunhas consideracións para ter en conta durante as visitas aos xacementos arqueolóxicos do noso monte e contempladas por estas normativas:

- Non se poden realizar prospeccións, nin escavacións do terreo sen a autorización da Administración competente, neste caso, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

- Non se poden realizar restauracións, nin consolidacións, nin colocar sinais ou carteis sobre os xacementos sen a autorización da Administración.

- Non se poden efectuar obras, nin desterres, nin movementos de terra, incluída a corta de árbores nos arredores dun xacemento sen a previa autorización da Administración.

- As limpezas e rozados do monte deben ser manuais e controladas por persoas tituladas en arqueoloxía.

- Está prohibido pasar con motos ou bicis por enriba dos petróglifos.

- NON SE PODEN PINTAR, NIN RAIAR OS PETRÓGLIFOS.


Fai as visitas con respecto, procura non pisar os muros de construcións arqueolóxicas, nin os gravados na pedra. Non leves pezas nin pedras dos xacementos.

No caso de atopar algo casualmente, comunícao e entrégao no Servizo de Arqueoloxía da Delegación Provincial de Cultura de Pontevedra.

A normativa expresa que todos os xacementos teñen unha área de protección integral, localizada sobre o xacemento concreto, e unha área de cautela, de 200 metros arredor deles (medida dende o seu límite máis exterior) para a súa protección. Neste espazo calquera obra ou desterre deberá ter a autorización da Administración.

 

 

 

 

Créditos