Ruta 1 - TúmulosCronoloxía: 4.500 a.C. - 1.900 a.C. A ruta que planeamos comeza na Mámoa do Rei. Como dicíamos, en Monte Penide sucédense os monumentos tumulares, contamos con máis de 40 mámoas de diferente índole e tamaños, cunha concentración destacada na Necrópole de Chan da Cruz, coñecida tamén por Chan das Formigas, con 36 xacementos, pero dende aquí cara ao norte e sur sucédense as mámoas por todo o noso monte, nun goteo continuo que as comunica coa necrópole de Candeán no Monte Vixiador de Vigo.
|
Ruta 2 - PetróglifosCronoloxía: 2.500 a.C. - 1.700 a.C. Dende a Mámoa do Rei realizamos un percorrido circular comezando nos petróglifos de Chan da Cruz, con boas representacións de combinacións circulares cristianizadas por unha gran cruz gravada en tempos históricos sobre o seu soporte. Non é casual que entre a veciñanza da zona se conte que a Santa Compaña pasaba polo camiño de acceso a Chan da Cruz sabendo que aquí hai un xacemento arqueolóxico destas características. |
Ruta 3 - Castro de NegrosCronoloxía: 800 a.C. - 2 a.C. Dende a Mámoa do Rei camiñamos cara o nordés por un sendeiro de terra e chegamos ata un cruce polo que collemos a man dereita; un pouco máis abaixo, descendendo pola pista de terra veremos, nunha curva do percorrido, o Castro ao lonxe, por debaixo das dúas liñas de alta tensión que cruzan Penide.
|
Ruta 4 - CompletaPercorrido que recolle os elementos de maior interese das 3 rutas.
|